2015/07/13

A voltas cunha candidatura galega as xerais...

Reflexión arredor do manifesto do 'Encontro Cidadán por unha Marea Galega' que pide unha candidatura galega formada "mediante un proceso de elección de primarias abertas á cidadanía, con censo e inscrición rogada".

ENCONTRO CIDADÁN POR UNHA Marea Galega



O das primarias da para moito..., para min é un mito e son absolutamente innecesarias se tiveramos un sistema electoral minimamente "democrático", (con vírgulas en atención a polisemia da verba, que tamén ten o seu aquel)...
 
Co sistema electoral vixente..., (o de listas pechadas e Lei d'hont), entendo que haxa que facer "algo" para confeccionar a lista..., chámeselle primarias, congreso ou asemblea de partido ou "dedazo" de líder...
 
E vou ao cerne..., e que considero que para min é un sistema minimamente democrático?..., pois aquel no que é imposible que ningún líder teña un poder ou autoridade mais aló do que consiga por convencemento ou por "autoridade moral"..., un sistema que garanta unha lista moi plural e na que ningún integrante da mesma vai ser un "propio" que diga por sistema amen ao GRANDE LIDER..., (sexa iste Pablo Iglesias, Xosé Manoel Beiras ou Paco Rodríguez)...
 
E como conséguese o anterior?..., pois por exemplo cunhas primarias nas que se poda presentar quen queira individualmente, e poda votar tamén quen queira, (so unha vez sen facer trampa), pero so a un candidato..., pero claro, elíxense, por exemplo, para as xerais e pola circunscrición da Coruña, pois 17 candidatos!..., (8 para o congreso, tres para o senado e tres suplentes para o congreso e outros tres para o senado)... O que pasa é que non hai para votar nin listas nin pranchas nin hostias, cada votante so pode votar por un daceseteavo da candidatura..., e supoñendo unha "candidatura unitaria" con Podemos, IU, BNG, Anova, Gelo, CxG, a asociación de veciños de Cuspedriños e as amigas da "pija Jennifer"..., resulta que Podemos presenta a Carolina Bescansa e carreta a 5000 votantes por ela..., os da UPG, que che son moi disciplinados, levan 2000 votantes e calculando moi ben os reparten entre 1100 a prol de Bieito Lobeira e 900 para Ana Pontón..., os de Abrente, que rosman todo o dia contra a U, levan a 1000 a votar a Aymerich... Yoli consigue que 500 de IU mais os seus parentes voten por ela..., a Beiras, por ser Beiras, o votan os 200 de Anova mais 10000 que pasaban por alí..., Gelo, el soíño, move a 2500 veciños de Oleiros e arredores para votalo..., os de CxG non dan xuntado na provincia mais que 250 votos para Bascuas..., hai vinte veciños de Cuspedriños que votan ao presidente da asociación, e a "pija Jennifer" vai votar ela, sua nai, sua aboa, duas amigas e eu, (por outsider)..., xuntando seis votos...
 
Ben, pois resulta que fixemos unhas primarias nas que saiu:
Beiras: 10200 votos.
Carolina Bescansa: 5000 votos.
Gelo: 2500 votos.
Lobeira: 1100 votos.
Aymerich: 1000 votos.
Ana Ponton: 900 votos.
Yolanda: 500 votos.
Bascuas: 250 votos.
Presidente da asociación de veciños de Cuspedriños: 20 votos.
"pija Jennifer": 6 votiños.
 
Agora, ao estilo Podemos, cada un elixe posto na candidatura según o seu orde por votos obtidos, e como imos todos xuntos o sociólogo de cabeceira, (Carlos Neira), nos di que así imos ser segunda forza tras o PP e por diante do PSOE e quitaremos pola Coruña 3 deputados e un senador..., xa que ningún dos que se presentou as primarias é parvo de todo..., (algún pode selo un chisquiño, pero xa ten asesores no partido para explicarlle como vai o choio), Beiras di que el vai de 1º ao congreso, Bescansa di que vai de 2ª, Gelo, "o listo", di que de 3º, Lobeira, que parvo non é e a pasta faille falla ao BNG, (ou a U), di que prefire ir de senador que de 4º ao congreso, Aymerich pensa que a el válelle ir de 4º, que ao mellor o vello non remata o mandato e entra el na súa substitución..., a Pontón asume que tócalle ir de 5ª ao congreso, pois o senado xa o pillou Lobeira, Yolanda di que ao senado, que ao mellor ate ganan ao PP e levan os tres senadores..., Bascuas pois entón di que el tamén ao senado, que ademais axúdalle a orde alfabética..., e temos logo que o 6º ao Congreso será o presidente da asociación de veciños de Cuspedriños e a 7ª será a "pija Jennifer"... E ainda haberá que andar rogando a un "intelectual abaixoasinante", (o Manolo Rivas coa súa bugina quedaba bonitiño no posto), que queira ir de 8º pechando a lista e a seis "liberados" dos partidos para cubrir as suplencias...
 
E así, con algo de retranca, pero con moito realismo, é como explico o que entendo eu por unhas primarias abertas e democráticas..., (claro que iso no fondo non lle gusta a case ninguén)...

Nota, xa sei que Cuspedriños é da circunscripción de Pontevedra, pero queda ben o nome...

Etiquetas: , ,