2011/05/04

A involución democrática..., o caso de Arzúa...

A conta da inadmisión a trámite polo Tribunal Constitucional do recurso de amparo presentado polo Bloque contra a resolución xudicial que, a pasada semana, confirmara a súa vez a resolución da Xunta Electoral de Santiago para declarar “inelixible” ao alcalde de Arzúa, Xaquín García Couso, en función dunha denuncia presentada polo PP, quero trasladar as seguintes reflexións:

Paréceme preocupante o conxunto de modificacións lexislativas que co pretexto da loita antiterrorista, vanse introducindo subrepticiamente no marco legal..., tanto as introducidas para o caso especificamente vasco como as que afectan a iso que se da en chamar "terrorismo internacional".
E dende as incomodidades para viaxar ou subirse a un avión, aos problemas que o control de explosivos causa en moitas actividades económicas, (niste intre é practicamente imposible facer unha voadura nunha obra pequena), ata efectos insospeitados no réxime electoral como que resulte que o actual alcalde de Arzúa sexa inelexible ao aplicar a un asunto un tanto absurdo unha modificación da lei electoral pensada para inhabilitar cargos relacionados con Batasuna.
Quero dicir que aplicando con moito rigor e descontextualizando, a Lei de partidos e as reformas da Lei electoral, aposto a que serían inelexibles moitos candidatos do PP e do PSOE...
Por sistema todos os alcaldes do país desobedeceron ou deron largas a sentenzas de derrubo de edificios, (A Coruña co edificio de Fenosa ou as torres de detrás do Coliseum, Vigo cos múltiples edificios con orde de derrubo, Ourense tamén ten algunha sentencia así, e seguimos)...
O que quero denunciar e que a lexislación antiterrorista é excesiva e ten efectos indesexables incluso para xentes polas que nunca pasou a idea de que poidera afectarlles... E que é demencial que teña efectos mais graves ista condea a seis meses de inhabilitación e ainda non firme, (que insito, se trata da non execución do derrubo dunha obra ilegal feita fai vinte anos baixo mandato do PP, e o alcalde actual e condeado por non executar unha sentencia que xa fora dictada con anterioridade a sua chegada ao concello, e si fixo cousas para executala, ainda que seguramente a desgana, pero convocou procedemento para contratar a empresa que fixera a demolición, e iste quedou deserto por non interesarlle a ningunha constructora), que os que poideran ter outras sentencias non firmes por delitos mais graves, (narcotráfico, fraude, roubo, etc...), pensemos por exemplo en Telmo Martín e os cobros ilegais da súa constructora.
Imaxinemos que Negreira gañe agora a alcaldía da Coruña, (Deus non o quera), e que se atopa coa sentenza de derrubo do edificio Conde de Fenosa, e vaia o PSOE, (que foi niste caso quen dou a licenza, concretamente foi Moreda), e o denuncie por non executalo derribo... e condenen e inhabiliten como inelexible as próximas a Negreira aplicando unha normativa antiterrorista... kafkiano, non?... Pois perfectamente posible, é o mesmo caso no que se atopa hoxe o alcalde de Arzua por unha denuncia do propio PP...
Pois a prepararse, porque os alcaldes que saian nistas eleccións van ter moi dificil poder presentarse a reelección, pois todo Deus vai rematar por facer o mesmo, e xa digo que case todos os concellos teñen casos semellantes, así que ou ben se pasan un mandato tirando obras con toda a conflictividade veciñal que supón botar a familias a rúa que na maioría dos casos non son os responsables da ilegalidade, xa que limitaronse a mercar un piso que tiña licenza, ou ben van ser todos condeados e inhabilitados en base a unha norma "antiterrorista"... Queda claro o absurdo e grave da situación?...





Etiquetas:

Ver eiquí­

2011/05/03

Sobre a ilegalización de Bildu... e a do PP?...

Unha preguntiña inocente dun probe ignorante, teño entendido que todos os candidatos de Bildu asinaron unha declaración rexeitando a violencia, e pese a elo a xustiza ilegalizou a coalición e anulou todas as súas candidaturas...

En base as seguintes declaracións de Mayor Oreja:

¿Por que vou ter que condenar eu o franquismo se houbo moitas familias que o viviron con naturalidade e normalidade? Na miña terra vasca houbo uns mitos infinitos. Foi moito peor a guerra que o franquismo. Algúns din que as persecucións nos pobos vascos foron terribles, pero non deberon selo tanto cando todos os gardas civís galegos pedían ir ao País Vasco. Era unha situación de extraordinaria placidez.
Non habería que ilegalizar ao PP e anular todas as súas candidaturas?...

Facer apoloxía do franquismo e negarse a condealo non debería equivaler a facer apoloxía de ETA e negarse a condeala?...

Eu penso que o PP non é un partido democrático, nin no seu funcionamento interno, (o seu liderazgo é por nomeamento a dedo e non por elección dos seus militantes, Rajoy foi o designado por Aznar), nin na súa práctica política, (insistir na ilegalización de candidaturas compostas por persoas absolutamente limpas como no caso de Bildu, ou eliminar torticeramente a rivais políticos mediante triquiñuelas legais como no caso de Arzúa)..., polo tanto o PP penso que está fora do marco constitucional e debería ilegalizarse...

Etiquetas:

Ver eiquí­