2011/03/21

REFLEXIÓN PERSOAL SOBRE A PARTICIPACIÓN ESPAÑOLA NA GUERRA DE LIBIA

Unha consideración xurídica sobre a intervención de avións españois nos ataques a Libia…

Polo que teño entendido, pese a autorización da ONU, as forzas españois destacadas nesa misión non están postas a disposición directa do ONU e baixo o seu mando, nese caso seguen baixo mando militar español e do goberno, logo quero facer a seguinte consideración encol do Presidente do Goberno, a Ministra de defensa, os mandos militares e as tropas directamente intervintes, (pilotos e artilleiros navais), o problema é que incumpriuse o artigo 63 da Constitución, e probablemente incurriuse nos supostos contemplados nos Títulos XXIII e XXIV do Código Penal…

Como se poden destinar efectivos militares, (avións ou buques), a realizar accións ofensivas que poden causar víctimas en territorio estranxeiro sen a previa formalidade constitucional de declaración de guerra?, (e sen a autorización do estado afectado)…

Si un avión español pilotado por un militar español tira unha bomba en Libia, soo pode ser por dúas razóns, ou é unha acción de guerra contra Libia, para o cal se incumpriron os tramites constitucionais e polo tanto o goberno que o ordenou delinquiu…

Ou non é unha acción de guerra, entón está claro que tirar unha bomba contra territorio estranxeiro para causar danos ou matar persoas sen estar en guerra, é un atentado terrorista, e polo tanto tanto o executor, (piloto ou artilleiro), como quen o ordenou, cometeron un acto de terrorismo perseguible pola xustiza…

Insisto, Zapatero, delinquiu…, si xogamos dentro das regras da Constitución, xogamos con todas, e si val para anular disposicións dos estatutos votados polo pobo, para ratificar a ilegalización de partidos e outros asuntos tan caros a centralistas e autoritarios, digo eu que tamén valerá para o procedemento formal de declarar unha guerra, non?…

Etiquetas: