2010/11/15

Reflexión a conta da causa saharaui

Non hai racismo nin xenofobia nas críticas ao réxime marroquino polo seu entento de xenocidio do pobo saharaui e a usurpación do seu territorio, hai verdade e xustiza...

Eu estou completamente a favor do pobo saharauí, pero tamén a favor do pobo marroquí...
De quen estou en contra é do sultán absolutista e da oligarquía que representa o chamado Majzen, "http://en.wikipedia.org/wiki/Makhzen".

Creo que polo ben dos marroquinos, istes deberían derrocar ao seu Sultán e proclamar un estado democrático, plural e tamén laico, e a ise estado, (que recoñecese o dereito de autodeterminación do Sahara e tamén doutras entidades con personalidade propia, como a República do Rif que no seu día proclamou Abdelkrim e á que España masacrou e gaseou), é ao que España e Europa deberían axudar e colaborar no seu desenvolvemento...
Namentras, coido que habería que ser consecuentes e boicotear certas actividades económicas que no canto de contribuír ao desenvolvemento do pobo marroquino, só contribúen ao enriquecemento do Sultán e a oligarquía responsable do xenocidio saharauí e que o alentan para distraer ao pobo e ocultar o latrocinio sistemático que están practicando.

Boicot aos investimentos turísticos en Marrocos e ás viaxes aos resorts marroquís, (un sector totalmente controlado pola contorna do Sultán)...
Boicot ás importacións agrícolas e pesqueiras industriais, todas en mans da oligarquía propietaria das grandes industrias pesqueiras e os latifundios agrícolas, mentres que a pesca artesanal e a produción dos pequenos agricultores minifundistas quedan só para apenas satisfacer as necesidades interiores...

Boicot ás join ventures das multinacionais que se asocian coa oligarquía marroquí para deslocalizar a produción de sectores industriais, (compoñentes do automóbil, conserva, téxtil, etc...), para explotar dobremente aos traballadores españois, (presionando á baixa as súas condicións laborais e salariais), e aos marroquís, (sobreexplotandolos, con traballo infantil, con dumping social, con represión sindical, etc...), e ao tempo repartirse o beneficio da operación entre as grandes multinacionais e os oligarcas locais marroquinos...

É vítimas dista política son especialmente os traballadores galegos, que están a perder oportunidades de traballo e condicións laborais polas deslocalizacións cara a Marrocos da fabricación de compoñentes e montaxe de vehículos de Citroen, do textil de Inditex ou Adolfo Domínguez, da conserva, etc..., e todo para incrementar a explotación dos propios marroquinos...

O Sahara e Galiza estamos na mesma loita...

Mais información:

Resistencia Saharaui

Sahara Thawra

Etiquetas: