2010/09/23

(Desesperada) fuxida cara adiante dun alcalde do PSOE...

Hoxe o Concello de Camariñas distribuiu na localidade da Ponte do Porto a folliña voandeira que reproducimos polo anverso e o reverso...
E vendo as grellas, non urxirá mais no Concello de Camariñas un servizo de normalización linguística?...

Pichurri vese agobiado polo seu incumprimento de aprobar un PXOM.
Levan tramitandoo dende fai 15 anos sucesivos gobernos do PSOE sendo incapaces de aprobalo pola imposibilidade de atender multiples promesas demagóxicas acompañadas de permisos verbais de "tí vai facendo"...
A súa política e a dos seus antecesores conlevou a que nun concello de seis mil habitantes teñan oitocentas edificación ilegais sen licenza...


Agora decidiu nunha fuxida cara adiante agochar as súas culpas escudandose no POL, cando na realidade o POL apenas pon mais lemitacións que as derivadas da carencia de planeamento, e ademais, é froito dunha Lei de Costas feita polo PSOE no ano 1986 cunha mentalidade centralista e madrileña que tomou como paradigma a costa mediterranea explotada para o turismo negando a competencia a nosa nación para lexislar sobre un elemento fundamental e articulador do noso territorio. A culpa de quen é?...
Túa, Pichurri, túa...
Túa e da demagoxia e da visión centralista do teu partido, o PSOE...
O resultad
o ben se ve na folliña:
De
magoxia...
Incultura...
Deturp
ación da lingua...

Resumindo, da vergoña allea.