2010/06/02

A voltas coa fusión dos concellos

Hoxe, no Xornal.com debaten con varias novas, entrevistas e opinións sobre a hipotética fusión de concellos e o afooro que tal medida suporía ao rebufo da medida semellante adoptada en Grecia...

Entre estas novas figura unha entrevista ao vicepresidente da Deputación de Lugo e membro do BNG, Antón Bao, e das súas declaracións o xornalista entresaca un titular que penso eu é desafortunado e non resposta ao conxunto das suas declaracións.

Antón Bao: “Se xuntas moitos pobres pequenos o único que tes é un pobre máis grande”

De nacionalista a nacionalista...

A fusión de dous concellos con problemas non vai dar un concello saneado de repente, pero si un cun gasto corrente polo menos dus 150.000 euros menos ao ano, (o resultado de suprimir o custo da adicación dun alcalde, as dietas dunha corporación e os soldos e outros custos dun secretario e un interventor dun concello galego tipo), quedando todo o resto dos servizos igual.

Dende unha perspectiva nacionalista, o razoabel sería suprimir as deputacións e fusionar concellos ate acadar todos unha dimensión razoabel para que non precisaran asistencia das deputacións, (unha referencia sería convertir as comarcas en concellos, cecais partindo algunha moi grande, pero en todo caso deixar na Galiza un máximo de 100)...

Pero tamén facer o recoñecemento xurídico das parroquias rurais, das vilas, e dos barrios urbanos ou metropolitanos como entidades locais menores, co que se respetarían as súas identidades, terían autonomía para os pequenos investimentos locais e apenas terían custo dado que os seus cargos serían gratuitos como o son en xeral os postos directivos das entidades veciñais, asociacións culturais locais, comisións de festas, comunidades de montes, augas, etc..., entes cuias funcións poderían asumirse nisas entidades locais menores...

Iso sempre foi o que eu pensei que defendía o nacionalismo, e polo menos é o que eu sigo a defender...

Os concellos e deputacións actuais crearonse no século XIX para desartellar o país, instaurar un control centralista polo Estado e en moitos casos, (moitos lindes de concellos rurais se deben a elo), crear ou manter redes caciquís e intereses particulares...

Etiquetas:

Ver eiquí­