2010/06/09

Reflexións a conta da aprobación por parte da Mesa do Parlament de Catalunya dunha futura consulta soberanista.

Sobre a independencia, como conquerila e o que significa.

A posibilidade de levar a cabo unha consulta soberanista depende de como facer as preguntas, como propoñela soberanía e como darlle as voltas para que teñan encaixe legal…
Sempre me preguntei o seguinte, constitucionalmente, que é España?…
Me explico, o Título preliminar di:

Art 2. La Constitución se fundamenta en la indisoluble unidad de la Nación española, patria común e indivisible de todos los españoles, y reconoce y garantiza el derecho a la autonomía de las nacionalidades y regiones que la integran y la solidaridad entre todas ellas.


Vale, pero, cales son?…

Moi habilmente, Zapatero propoñía na reforma constitucional incluír a relación de comunidades, pero polo de agora non están…
En puridade, sabemos que si por circunstancias de política internacional se dera o acordo do goberno e parlamento español co outro estado afectado e co beneplácito da comunidade internacional, algunha das circunstancias seguintes:

Reversión de Xibraltar a España…
Anexión voluntaria de Andorra como Comunidade Autónoma…
Reversión de Olivença a Portugal…
Posible traspaso de soberanía sobre Ceuta e Melilla a Marrocos…
Posible retorno a soberanía española do Sahara como paso previo a súa autodeterminación, (ou como resultado da mesma)…

Sería aceptada sen necesidade de ningunha reforma constitucional, pois a Constitución no fixa límites xeográficos de España, e non digamos trocos xeográficos aínda menores como poderían ser os peñóns da costa africana, Peregil, Alborán, as Illas Salvaxes, o Couto Mixto, as illas do Miño, a dos Faisáns, etc…

Polo tanto, penso que a independencia de Catalunya, (ou de Euskadi, ou da Galiza), teñen moitos problemas, políticos, de consenso e aceptación internacional, económicos, de cidadanía, militares si se quere, pero constitucionais?, constitucionais, ningún…, ou en todo caso, o constitucional é o menor de todos…
Ao mellor é que estou demasiado afectado polo “relativismo moral” que tanto critica o Papa de Roma, pero a definición constitucional do que é España non está pechada… entre outras cousas porque ao elaborarse a Constitución non estaba pechado o mapa das autonomías, (daquela non estaban claras cousas como si León ía a ser unha comunidade ou non, coido que Segovia estivo a piques de converterse en outra comunidade uniprovincial e se forzou in extremis e teño entendido que contra a propia lexislación a súa integración en Castela e León, o asunto de Navarra non estaba claro e aínda hoxe constitucionalmente está aberta a súa posible integración en Euskadi)…

Resumindo, si a cousa estivera tan clara, a que demo ven o interese de incluír o asunto nunha reforma constitucional xunto co tema da sucesión ao trono e a reforma do Senado como propuxera Zapatero ao principio do seu mandato?…

O suposto da segregación dunha nación do resto do estado o fago partindo de que se acada un consenso básico, os requisitos son:

1º Vontade maioritaria de segregación, (non fai falla referendo, abonda cunha victoria electoral suficiente de forzas políticas independentistas)…

2º Consenso internacional, iso require un traballo previo para convencer as potencias (USA, Alemania, Francia, pode que o Reino Unido…, non creo que sexa no caso significativa a postura de Rusia ou China e dos outros BRICS), das vantaxes económicas, políticas e estratéxicas da secesión. Quen mais fácil o ten é Catalunya, por unha parte pola influencia de moitos persoeiros cataláns nas relacións internacionais, por outra polo seu peso económico e posición estratéxica, e por último pola tradición de madurez política que fai prever un estado aínda mais estable e mais “occidental” que a propia España. O maior impedimento que ten a comunidade internacional para apoiar a independencia de Catalunya non é Catalunya, é o risco de que o resto de España se volva inestable o derive a un estado falido ou cando menos lonxe dos estándares democráticos. A presenza de Catalunya en España curiosamente e necesaria para que España non se vaia do “primeiro mundo”…

3º Dados os dous requisitos anteriores, o terceiro sería a resignación do resto de España, (parto da base que non é necesaria a conformidade, abonda coa resignación), hoxe en día nin o exército está para aventuras bélicas internas, e como partimos de que se cumpre o punto 2, o consenso internacional, e como o exercito español na práctica non é mais que unha unidade mercenaria mais do “exercito occidental”, (OTAN), as ordes de intervir no as tería que recibir de Washington, e non ía ser o caso…

Por último, qué quer dicir independencia hoxendía?… pois poder recibir as instruccións directamente da Casa Branca, do Pentágono, do FMI ou dos Bildelberg sen necesidade de que as transmita o chico dos recados da Moncloa, (ou do Congreso, ou da JUJEM, ou do TC ou o TS ou do BdE…), que por riba tes que pagar tí e te tratan como un ninguén e non miran polo teu….

Etiquetas:

Ver eiquí­