2010/05/08

Estatuto ou ESTADO?...

Hoxe ven nos xornais que o Presidente Feijóo, ao defender, nun acto con senadores do PP a volta ás garantías constitucionais, asegurou que Galicia proporá unha­ reforma “constitucional” na que non haberá cabida para un Estatuto “de nación” xa que, segundo Feijóo, ese título “xa” o ostenta a Constitución. “Dixemos non a un Estatuto de nación porque entendemos que xa temos unha Constitución de nación”.

A miña reflexión ao respecto é que cecais a proposta dun Estatuto de Nación feita polo BNG na lexislatura pasada este xa superada polos feitos, (a crise económica e o agravamento da mesma que é de esperar para os próximos anos). Diante da sensación de que España é un “Titanic” a piques de afundir polo efecto das vías de auga da insolvencia provocada polo estalido da burbulla inmobiliaria e o volume crecente da débeda pública, (o golpe final para o afundimento darao a suba de tipos de interese que tarde ou cedo terá que aplicar o Banco Central Europeo e a suba desaforada dos prezos da enerxía provocada polo “pico do petróleo”), nisas circunstancias a situación da Galicia é semellante a dun bote abarloado ao barco, cando o barco afunde o sensato e picar as estachas e flotar por nos mesmos sin ser arrastrados polo remuíño do afundimento.

Analogamente, a solución para o país e plantexarse con claridade a independencia, Galicia non pode sucumbir ante unha crise e unha débeda xerada polo paro de Andalucía e as rexións do sur, (o doble que o galego), e unha débeda xerada sobre todo polas grandes infraestructuras de Madrid e o boom inmobiliario mediterráneo...

A chantaxe que sempre se fai a Galicia, que vai ser de vos sos?, que vai pagar as pensións da vosa poboación envellecida?, non funciona xa cunha España insolvente, e para Galicia resulta xa mais barato asumir o seu propio sistema de previsión que solidarizarnos no pago dunha débeda que no fundamental nos non xeramos nin nos beneficiamos dela...

A conclusión, para min, está clariña..., non a un novo estatuto, si a un novo ESTADO INDEPENDENTE...

ESTADO GALEGO XA!.

Etiquetas: