2006/12/06

Encontro en Vimianzo

Ista noite acudín ao Pastoriza, a Vimianzo, xunto con outros moitos amigos da Costa da Morte e veciños da localidade.
Ista noite foi a presentación de Manolo Antelo como candidato a alcaldía de Vimianzo, alí acudimos moitos dos seus amigos, escomenzando por Moncho Gándara, concelleiro nacionalista incansable e sempre amable con todos que presentouno e doulle o relevo na cabeza de cartel, tamén estivo Quitana, que voltou a demostrar que é o digno sucesor de Beiras, alí estaban tamen Aymerich, que prosigue nas súas leas na defensa dos penedos de Traba e Pasarela fronte as manobras do actual alcalde, Alejandro Lema, e a súa teima de facer grava cos penedos e de dar obras a constructora do seu irmán. Da insobornable teimosía de Aymerich fronte aos negocios particulares dos alcaldes de PP e PSOE da Costa da Morte xa saben tamén Domínguez e Varela, alcaldes "sospeitosos" de Cee e Malpica...
Tamén estaban Evencio, que ten todas as bazas para recuncar como alcalde de Carballo, e Rafa Mouzo, que sen dúbida voltará a alcaldía de Corcubión en maio.
En resume, unha mágnífica presentación, co local cheo e xente na rúa por non caber xa mais no interior...
E, de corazón, todos co mellor alcalde que padería soñar calquer vila da Costa da Morte, ¡¡¡Manolo Antelo!!!...
Ver eiquí­

3 Comments:

Anonymous Anónimo said...

E a min ninguén me le?
http://eltoupoquefuza.blogspot.com/

9:10 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

Que Rafa Mouzo que?
Entendin bem?

6:41 da manhã  
Anonymous Anónimo said...

ves o que pasa por falar antes de tempo anonimos, Rafa Mouzo, que???

3:31 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home