2005/09/25

Reflexión sobre un novo Estatuto de nación para Galiza

Coa actual correlación de forzas casi prefiro adiar o tema do estatuto para a próxima lexislatura..., agora é imprescindible o apoio do PP, o que vai garantir un estatuto descafeinado, nunha próxima lexislatura, ¡cecais non!...

Por outra parte o BNG debe ir concretando un proxecto de estatuto e difundindoo, que inclúa medidas concretas e que vaian callando na xente ao efecto de que nun prazo de catro anos haxa xa unha verdadeira e masiva demanda social...

Medidas concretas no novo Estatuto serían a competencia de Galiza en materias como:

Enerxía, de feito que poidera ser a enerxía eléctrica mais barata na Galiza que no resto de España e ter así ventaxes competitivas. Agora temos un bó exemplo co asunto FENOSA, a Xunta non pinchou nin cortou por falla de competencias... ¿Imaxinades que tiveramos un goberno coa posibilidade de intervir no mercado eléctrico?... O lóxico, (Galiza exporta ao resto do Estado 1/3 da enerxía eléctrica que produce), sería establecer unha tarifa diferencial mais baixa para o consumo interno e mais alta para a exportación, dise xeito primaríase o consumo en Galiza e a instalación de industrias por unha ventaxe comparativa no custe da enerxía... Por outra parte Galiza tería mellor financiamento público pola recadación fiscal que tal cousa orixinaría...

Pesca en augas exteriores, de xeito que se delegara polo Estado en Galiza a negociación de tratados pesqueiros internacionais...

Prisións, de xeito que se garantira que os presos galegos iban permanecer en cárceres galegas e non nos iban mandar delincuentes doutras zonas ou extranxeiros que non delinquiran en Galiza...

Inmigración, de xeito que se poidera priorizar a inmigración de descendentes de galegos ou de lusofalantes de mais facil integración sociocultural...

Réxime local, de xeito que o réxime local galego poida ser distinto do do resto do Estado, con recoñecemento institucional das parroquias mediante persoalidade propia e distritos electorais propios para configurar os concellos, tamén mediante a reducción do número de concellos para garantir a súa viabilidade e suficiencia económica e de prestación de servizos, xunto con tamén unha ampliación de competencias a desaparición dos corpos funcionariais de habilitación estatal de secretarios e interventores e a súa substitución por corpos propios galegos...

Por outra parte, e indo ao concreto, eu propoño que no proxecto de novo estatuto para Galiza, Galiza defínase como "PATRIA", (nin nazón, nin rexión, nin nacionalidade nin histórica nin actual), Galiza é a patria constituida por un territorio e unha poboación que defínese como galega. ¿Non celebramos os nacionalistas o día da Patria o 25 de xullo?, pois iso, como tal levámolo a concepto xurídico e acabouse o problema de nazón, nacionalidade ou rexión...

Tamén hai un feito incuestionable que haberá que considerar no novo Estatuto; Galiza limita con tres entes, ao norte e ao oeste co mar, (coas terras alende mares, as Illas Británicas e América, bastante lonxe como para que as relacións non sexan inmediatas), ao Este co resto de España, e ao Sur con Portugal..., e por razóns xeográficas coido que as relacións Galiza-Portugal e Galiza-España, en principio, deberían ser de intensidade e natureza parella e semellante...

2 Comments:

Blogger Imeneo said...

Eu penso que non son boas as presas. Non podemos ir de cabeza á modificación dun Estatuto sen que antes se lle explique ben á xente en que consiste e en que sairíamos beneficiados.

Desde logo de facelo agora, en menos dun ano, correríamos o risco de que o plebiscito o estatuto o gañara o PP, que de seguro se apuntará ao NON ou á abstención.

3:16 da tarde  
Anonymous Anónimo said...

Enjoyed a lot! award certificate scholarship Buy tadalafil prescription giant scale model Ncaa college man basketball statistics http://www.lexapro-half-life.info/auto-isuzu-pup.html Humidifiers best buy House window awning ellis sofas furniture Discount puppy toys dealer sacramento volvo Mazda dealers marietta Phendimetrazine what pill looks like wellbutrinsr concerta

2:06 da tarde  

Enviar um comentário

<< Home